03 noviembre 2016

"Musicando 2016". Concertos para público familiar.

"Musicando 2016". Concertos para público familiar.

"Musicando 2016" é un ciclo de concertos en directo para público familiar. Unha opción de ocio de calidade en lingua galega e un amplo repertorio de cancións de grupos ben recoñecidos polas nenas e nenos galegos.

PROGRAMACIÓN
► Domingo 18 de Septiembre - 2 pases: 11.30 e 13.00 h.
◙ Forum Metropolitano
○ Prezo: 6€ /abono 3 familiar, 15€ (inclúe como mínimo un adulto e un menor)/Menores de 3 anos, 2€.
☺ Dirixido a: Público familiar (recomendado + 2 anos)
♥ Vai ser boa! - Concerto de Migallas

"Musicando 2016". Concertos para público familiar.
“Vai ser boa!” é un espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka.Coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupoTreixadura. Nel combínanse cancións con accións dramáticas relacionadas coa súa temática. Os temas musicais que se interpretan son: "Pinocho", "O espantallo divertido ", "Eu teño un canciño", "Unha vella tiña un can", "Miña Abuela Manuela" e "Pan de millo".

► Sábado 8 de Octubre - 18.00 h.
◙ Forum Metropolitano
○Prezo: 5€, abono familiar 12€ (dous adultos e un neno) entrada solta para menores de 3 anos 2€
☺ Dirixido a: Público familiar (recomendado + 4 anos) 
♥ Unha viaxe polo mundo - As Maimiñas 
"Musicando 2016". Concertos para público familiar.
´As Maimiñas´ é una aventura musical dirixida, principalmente, a nenos e nenas de entre 0 e 10 anos e ás súas familias. "Unha viaxe polo mundo" é o seu primeiro conto-disco publicado, e con el ven cumprido un dos seus soños. Conta a historia de como As Maimiñas deciden ir unha tarde a camiñar. Sen darse de conta, as dúas protagonistas chegan a diferentes países do mundo. En cada un deles créase unha historia, unha canción, unha danza típica e adaptan roupa e accesorios que caracterizan ao país visitado nese momento.

► Sábado 29 de Octubre - 2 pases: 17.00 e 19.00 h.
◙ Forum Metropolitano
○ Prezo: 6 € (abono 3 familiar, 15 € inclúe como mínimo un adulto e un menor / Menores de 3 anos, 2€.
☺ Dirixido a: Público familiar (recomendado + 4 anos)

"Musicando 2016". Concertos para público familiar.
♥ A Gramola Gominola - Concerto.
Música e humor! Esta é a proposta da Gramola Gominola, un novo grupo de música infantil composto por músicos de bandas como Mamá Cabra, De Vacas, Festicultores Troupe ou Di Elas. Nos seus espectáculos fan unha didáctica viaxe pola historia da música onde o público poderá coñecer diferentes estilos que van dende o blues ao reggae, pasando polo pop, country, rock ou ska. Cunha posta en escena chea de enerxía, cor e momentos cómicos que gustará por igual a cativos e a maiores.


► Sábado 12 de noviembre - 18.00 h.
◙ Centro Ágora
○Prezo: 5€, abono familiar 12€ (dous adultos e un neno) entrada solta para menores de 3 anos 2€
☺Dirixido a: Público familiar (recomendado + 4 anos)

"Musicando 2016". Concertos para público familiar.
♥ Concerto "Teatro de guiñol" de Pirilampo
Pirilampo son unha marabilla. Un comando musical itinerante. Artistas que avanzan pola noite, e coa súa luz enchen de melodías todo o que tocan.


► Domingo 27 de noviembre - 2 pases: 11.30 e 13.00 h.
◙ Forum Metropolitano
☺Dirixido a: Público familiar (recomendado 2-5 anos)
○ Prezo: 6 € (abono 3 familiar, 15 € inclúe como mínimo un adulto e un menor / Menores de 3 anos, 2€.
♥ Té, chocolate, café de Golfiños

"Musicando 2016". Concertos para público familiar.
Té, chocolate, café é un libro disco feito polo grupo de música infantil Golfiños e editado por "Gestión cultural". Nel atoparedes historias e xogos que son interpretados en forma de cantigas no cd que acompaña este libro.Catorce textos coas súas cantiguiñas, onde atoparemos un peixe moi mentireiro, unha bruxa que nos quere converter en moitos animais, a fermosa Rosiña á que lle encanta viaxar en cabalos de cores, tamén poderás xogar ás adiviñas e moitas sorpresas que atoparás en cada melodía ao longo deste traballo, para que os pequenos gocen acompañados das súas familias, dun son único en cada tema.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...