Co gallo do Día da Muller Traballadora, un ano máis o Consello da
Cultura Galega e o CGAI dedícanlle unha semana da súa programación a un
ciclo no que as figuras femininas son as protagonistas.
Directoras,
guionistas, produtoras, actrices... unha tentativa de amosar outras
olladas e perspectivas.
O ciclo comezará co único título de directores masculinos, Dos días, una noche,
dos irmáns Dardenne, dúas veces gañadores en Cannes. Un filme sobre a
muller no ámbito laboral nun contexto de crise. A intérprete principal,
Marion Cotillard, acaba de ser nomeada ao Oscar á mellor actriz polo seu
papel de traballadora que intenta que os seus compañeiros renuncien á
paga extraordinaria para ela conservar o seu posto na empresa.
O particular naturalismo dos Dardenne liga con Mil noches, una boda, de
Marie Amachoukeli-Barsacq, Claire Burger e Samuel Theis, o retrato dunha
muller libre de 60 anos e as complexidades dos afectos e a contorna
social. Pola súa banda, Amour fou, de Jessica Hausner, está inspirada na
historia do poeta Heinrich von Kleist e a súa procura dunha compañeira
para se suicidar en pleno Romanticismo alemán; ambas as dúas achegan
senllos retratos femininos con forza.
Na sección Creadoras Galegas de Imaxe ofrerán dous títulos:
Muller(es)Muller, de Inés Pintor, producido por SocialDocs, que amosa a vida
de mulleres dunha mesma familia pertencentes a tres xeracións
distintas: as dificultades e diferenzas na educación, na percepción, no
papel desempeñado…, e O tesouro de Corcoesto, adscrita ao documental
militante e dirixida pola galega Cora Peña.
A estes títulos engaden Se dice
poeta, da asturiana Sofía Castañón, que se aproxima a 21 poetas, entre
elas tres galegas establecidas na Coruña: Yolanda Castaño, Estíbaliz
Espinosa e María Couceiro. Estas últimas sesións contarán coa presenza
das súas autoras.
PROGRAMA
|
18.00 h. |
| Deux jours, une nuit / Dos días, una noche |
| Jean-Pierre e Luc Dardenne, 2014 |
| 96'. DCP. Subt. castelán. Presentación ciclo no 2º pase. Entrada de balde. |
|
20.30 h. |
| Deux jours, une nuit / Dos días, una noche |
| Jean-Pierre e Luc Dardenne, 2014 |
| 96'. DCP. Subt. castelán. Presentación ciclo no 2º pase. Entrada de balde.
|
|
|
18.00 h. |
| Party Girl / Mil noches, una boda |
| Marie Amachoukeli-Barsacq, Claire Burger e Samuel Theis, 2014 |
| 95'. DCP. Subt. castelán. Entrada de balde.
|
|
20.30 h. |
| Party Girl / Mil noches, una boda |
| Marie Amachoukeli-Barsacq, Claire Burger e Samuel Theis, 2014 |
| 95'. DCP. Subt. castelán. Entrada de balde.
|
|
|
18.00 h. |
| Muller(es)Muller |
| Inés Pintor, 2014 |
| 80'. Vídeo HD. Presentación. Entrada de balde. |
|
20.30 h. |
| Tesouro de Corcoesto |
| Cora Peña, 2015 |
| 98'. Vídeo HD. Presentación pola súa autora. Entrada de balde.
|
|
|
18.00 h. |
| Amour Fou |
| Jessica Hausner, 2014 |
| 96'. DCP. Subt. castelán. Entrada de balde. |
|
20.30 h. |
| Amour Fou |
| Jessica Hausner, 2014 |
| 96'. DCP. Subt. castelán. Entrada de balde.
|
|
|
18.00 h. |
| Se dice poeta |
| Sofía Castañón, 2014 |
| 96'. DCP. Presentación a
cargo da súa autora e das poetas galegas participantes no filme (María
Couceiro, Estíbaliz Espinosa e Yolanda Castaño). Entrada de balde. |
|
No hay comentarios :
Publicar un comentario