29 mayo 2015

Feira da Economía Social A Coruña 2015

A comunidade de Coruña se xunta ás organizacións solidarias de Galicia para celebrar o Día do Comercio Xusto.


Un día que ten a finalidade de lembrar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e tamén a calidade da nosa propia vida.

Nesta idea de comercio, e por extensión de economía, existen multitude de empresas e organizacións que traballan dignamente por acadar uns fins diferentes ao de maximizar o beneficio. Unha economía na que as persoas son o máis importante, e o capital está ao servizo destas persoas e da comunidade. Unha economía solidaria, participativa e na que substituímos competir por compartir.

É por iso polo que, nesta sinalada data, organizan unha Feira da Economía Social. Un lugar de encontro de diferentes empresas e organizacións que comparten esta idea de economía. Nela participarán organizacións de comercio xusto e cooperación, consumo responsable, arquitectura sustentable, enerxías renovables, reutilización e reciclaxe, arte, tecnoloxía aberta, ...

Nesta feira poderemos mercar produtos de comercio xusto (alimentación e artesanía), produtos ecolóxicos e locais (verduras, carne, doces, …), pratos preparados, artesanía local, coñecer diferentes proxectos de bioconstrución, produción e comercialización de enerxía, educación, proxectos sociais, etc.
Participantes:
  • Black Emma - Cociña vegana
  • Forno Vegano - Repostería vegana
  • Leira Longa - Cociña ecolóxica
  • Lugar de Vilariño - Verdura, carne, lácteos ecolóxicos
  • Millo e Landras - Verdura, carne, ovos, lácteos ecolóxicos
  • Ribeiregas - Marmeladas, zumes e salsas ecolóxicas
  • Sensucre - Repostería sen sucre
  • Sidras Reboredo - Sidra
  • Val de Barcia - Verdura e repostería ecolóxica
  • Intermón - Comercio Xusto
  • Solidaridade Internacional - Comercio Justo Xusto
  • Adororora - Marroquinería de caucho
  • Afreek'Art - Marroquinería
  • Beacbarros - Artesanía e ilustracións
  • Cestola na Cachola - Roupa e arte
  • Dekñitas - Artesanía
  • Drei - Artesanía téxtil
  • Lanuxos - Artesanía téxtil
  • Lastareixas - Artesanía téxtil
  • Manchea - Imprenta artesanal
  • Me caigo muerta!! - Bisutería e Scrapbooking
  • Mico Creaciones - Artesanía téxtil
  • Paseloqpase - Artesanía
  • Piedra va - Artesanía en pedra
  • Pippi Mayasnegras - Roupa artesá
  • Taller de Polo - Educación e Arte
  • Viodivinitys - Bisutería e bolsos
  • Colexio Andaina Iniciativas Emprendedoras - Xabróns e bombas de baño
  • Espiga - Bioconstrución
  • Liceo Ártabro - Docencia tecnoloxías abertas
  • Proxecto Cárcere - Grupo activación Cárcere Provincial
  • Quale terrae - Cosmética natural
  • Som Energia - Enerxía renovable.

Lugar: Plaza de Pontevedra
Horario: de 11.00h. a 20.00h

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...