Concertos da Orquesta Sinfónica de Galicia, un ensaio aberto ao público, masterclass... así se estrea a Semana das Músicas do Audiovisual.
A Semana das Músicas do Audiovisual é un novo festival, dirixido polo compositor Nani García, que dará protagonismo as músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais, ofrecendo aos espectadores as mellores composicións en cada xénero e aos profesionais e interesados na música do audiovisual a posibilidade de ampliar coñecementos sobre composición, produción e interpretación dun tipo de música que todo o mundo escoita, pero que non sempre consegue a atención directa do ouvinte.
A Semana das Músicas do Audiovisual é unha iniciativa da Academia Galega
do Audiovisual coa Orquesta Sinfónica de Galicia e a Fundación SGAE.
PROGRAMACIÓN NA CORUÑA
◙Venres 23 Septiembre - 20:30H.
Concerto - Pazo da Ópera. A Coruña.
A Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá un repaso ás principais composicións para cine compostas en España durante os últimos anos, con especial atención a compositores galegos como Xavi Font, Sergio Moure, Manuel Riveiro ou Zeltia Montes, interpretará grandes bandas sonoras dos clásicos do cine, de Star Wars a E.T. Músicas de películas como O Apóstolo, El laberinto del fauno o Capitán Trueno

◙Martes 27 de setembro - 18.30H.
Masterclass - Aula 9 do Centro Ágora, A Coruña
* Masterclass con Luis Ivars sobre os dereitos de autor nas músicas do audiovisual
* Entrada gratuíta ata completar aforo. Necesario inscribirse enviando
os teus datos no formulario aquí para redireccionar á páxina oficial. Unha vez o envíes, a Academia
Galega do Audiovisual confirmará a súa recepción e a túa praza na
Masterclass nun prazo máximo de 24h nos días laborais, e recibida non
máis alá do día 26 de setembro.
Durante dúas horas na masterclass “Creación audiovisual e dereitos do
creador” Luís Ivars, presidente de Musimagen e membro directivo de ECSA,
dará a coñecer aos presentes durante dúas horas “quen, como e onde” se
defende o valor intelectual e económico da obra audiovisual; como se
lexislan as leis que lles afectan. É imprescindible que os autores teñan
conciencia do seu valor e o seu dereito.
◙ Xoves 29 de setembro - 10:00H
Encontro cos espectadores - Pazo da Ópera
Xunto cos concertos, a Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá un encontro cos espectadores nun ensaio xeral aberto no que, ao rematar, haberá un pequeno debate cos compositores asistentes e moderado polo director da SEMUA, Nani García.

No hay comentarios :
Publicar un comentario