Páginas

22 septiembre 2016

Semana das Músicas do Audiovisual

Semana das Músicas do Audiovisual, coruña, conciertos, músicaConcertos da Orquesta Sinfónica de Galicia, un ensaio aberto ao público, masterclass... así se estrea a Semana das Músicas do Audiovisual.


A Semana das Músicas do Audiovisual é un novo festival, dirixido polo compositor Nani García, que dará protagonismo as músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais, ofrecendo aos espectadores as mellores composicións en cada xénero e aos profesionais e interesados na música do audiovisual a posibilidade de ampliar coñecementos sobre composición, produción e interpretación dun tipo de música que todo o mundo escoita, pero que non sempre consegue a atención directa do ouvinte. 
A Semana das Músicas do Audiovisual é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual coa Orquesta Sinfónica de Galicia e a Fundación SGAE.
PROGRAMACIÓN NA CORUÑA

◙Venres 23 Septiembre - 20:30H.
Concerto - Pazo da Ópera. A Coruña.
A Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá un repaso ás principais composicións para cine compostas en España durante os últimos anos, con especial atención a compositores galegos como Xavi Font, Sergio Moure, Manuel Riveiro ou Zeltia Montes, interpretará grandes bandas sonoras dos clásicos do cine, de Star Wars a E.T. Músicas de películas como O Apóstolo, El laberinto del fauno o Capitán Trueno

 ◙Martes 27 de setembro -  18.30H.
Masterclass - Aula 9 do Centro Ágora, A Coruña
* Masterclass con Luis Ivars sobre os dereitos de autor nas músicas do audiovisual
* Entrada gratuíta ata completar aforo. Necesario inscribirse enviando os teus datos no formulario aquí para redireccionar á páxina oficial. Unha vez o envíes, a Academia Galega do Audiovisual confirmará a súa recepción e a túa praza na Masterclass nun prazo máximo de 24h nos días laborais, e recibida non máis alá do día 26 de setembro.
Durante dúas horas na masterclass “Creación audiovisual e dereitos do creador” Luís Ivars, presidente de Musimagen e membro directivo de ECSA, dará a coñecer aos presentes durante dúas horas “quen, como e onde” se defende o valor intelectual e económico da obra audiovisual; como se lexislan as leis que lles afectan. É imprescindible que os autores teñan conciencia do seu valor e o seu dereito.

 ◙ Xoves 29 de setembro - 10:00H
Encontro cos espectadores - Pazo da Ópera
Xunto cos concertos, a Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá un encontro cos espectadores nun ensaio xeral aberto no que, ao rematar, haberá un pequeno debate cos compositores asistentes e moderado polo director da SEMUA, Nani García.

No hay comentarios:

Publicar un comentario