10 abril 2017

Bebescena Primavera 2017

Bebescena Primavera 2017

Con un nuevo Ciclo BEBescena una nueva oportunidad de dejarse arrastrar por una atmósfera con un toque mágico, inesperado y tierno, pues todo es posible sobre el escenario...

◙ Fechas : desde el  26/02/2017 hasta el 28/05/2017
◙ Horario: 11.30 e 13.00 h
◙ Lugar: Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña 
◙ Entrada: 6,00€/ menores de 3 años 2,00€ /Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00€

PROGRAMACIÓN 
►Domingo 26 de febreiro
🎭 "O ALOUMIÑO DUNHA ESTRELA" de Avoa Youja

◙ Dirección e interpretación: Marta Faílde e Fran Martínez
Bebescena Primavera 2017
Se estiramos moito os brazos, moi lonxe, cara ao ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos... parece imposible, non si?Nesta viaxe sensorial, co arrolo da música da arpa e seguindo os zapatiños vermellos, faremos posible que as pequenas e os pequenos gocen da poesía das imaxes ata rabuñar a bóveda celeste.

►Domingo 26 de marzo
🎭"CONCHAS" de Teatro d´orfeu 

◙ Interpretación e manipulación: Clara Ribeiro.
Interpretación e música: Ricardo Falcao.
Bebescena Primavera 2017
"Conchas" conta a historia de viaxantes, pintados na tea, reais e imaxinarios.
Partindo da memoria colectiva de dous países (Portugal e Noruega), mesturouse a música, a expresión dramática e corporal, o movemento e as marionetas e atopouse un compromiso cultural identitario. Un espectáculo icónico onde a abordaxe non verbal gaña forma a través da fusión de dúas linguas, creando novas palabras e sons, aliándose a musicalidade e a linguaxe corporal.

►Domingo 9 de abril
🎭"REDONDO" de Caramuxo Teatro 
Bebescena Primavera 2017
◙ Autores e intérpretes: Laura Sarasola e Juan Rodríguez.
◙ Un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.
A Mr. Round fascínano todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que esconde historias sorprendentes. 

 ►Domingo 7 de maio
🎭"EL VUELO DEL SOL Y LA LUNA" de Bámbola Teatro 


 ►Domingo 28 de maio
🎭"LALÚ" de Lasal Teatro

VENDA DE LOCALIDADES
◙ Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
◙ Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
◙ Venda telefónica: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...