24 enero 2018

13 estampas da traizón


13 estampas da traizón. Xornadas Guerra civil, propaganda e artistas de Galiza do 1 ao 3 de Febreiro na Fundación Luis Seoane.
Datas: 1 Febreiro 2018 - 3 Febreiro 2018
Dirección: María Antonia Pérez, Silvia Longueira Castro
Coordinación: María Antonia Pérez

Con motivo da celebración da exposición 13 estampas da traizón. 80 anos da publicación nas súas salas, a Fundación Luis Seoane acollerá os días 1, 2 e 3 de febreiro as xornadas Guerra Civil, propaganda e artistas de Galiza, unha iniciativa que, partindo do álbum de debuxos 13 estampas de la traición realizado por Luis Seoane no ano 1937, afonda nas circunstancias históricas, culturais e artísticas que rodearon a xestación e posterior publicación desta obra fundamental da plástica galega do século XX.
Baixo a dirección das comisarias da mostra, M.ª Antonia Pérez Rodríguez, profesora da UDC, e Silvia Longueira Castro, directora da Fundación Luis Seoane, as xornadas contarán coa participación dos historiadores Justo Beramendi, Emilio Grandío Seoane e Eliseo Fernández; do director da Biblioteca de Galicia, Daniel Buján; da escritora e profesora da UDC Pilar García Negro; do profesor Paulo Porta e do artista e deseñador da mostra Juan Martínez de la Colina.
A matrícula é gratuíta. Para participar nas xornadas, é necesario cumplimentar un formulario de inscrición.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...