15 mayo 2014

Día das Letras Galegas


Como cada 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e a nosa cidade súmase á celebración con múltiples actividades.


BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

- Xogos literários [Biblioteca Os Rosales. Martes 13 de maio ás 19.00 horas] 

- Recital poético [Biblioteca Ágora. Venres 16 de maio ás 19.00 horas] Recital Con dez poemas por barba, con María Lado e Lucía Aldao. Un recital diferente, divertido e que une poesía e música, destinado a público xuvenil e adulto.

- ContaContos [Biblioteca Ágora. Luns 19 de maio ás 18.30 horas]  
Sesión para nenos entre 5 e 9 anos a cargo do Colectivo Fabaloba que escenificará o conto “O neno e a estrela”  Inscripción a partir do sábado 10 maio presencialmente na biblioteca.


- Proxección –Documental: “Os camiños esquencidos” [Biblioteca Ágora. Martes 20 de maio ás 16.30 horas]
Documental realizado polo alumnado do IES Díaz Castro e Guitiriz sobre o poeta Xosé María Díaz Castro. Entrada libre ata completar aforo

- Photocall m8mepresta: Dende o martes 14 ó venres 16 de maio na Biblioteca Ágora, poderedes fotografiaros no photocall cos libros e lemas literarios, que máis vos "presten".
Estará activo os días 14, 15 e 16 de maio, de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas. 

- Sorteo de libros: Do 8 ó 19 de maio con cada préstamo dun libro en lingua galega na Biblioteca do Forum entregarase un boleto para participar nun sorteo dun lote de libros da literatura galega que terá lugar o 19 de maio ás 17.00h.

 

- Mostra Bibliográfica "Os mellores da lingua".[Biblioteca Ágora. Ata o 30 de maio]
Selección dalgunhas das mellores obras da literatura galega, abarcando poesía, narrativa, teatro, ensaio e cómic. Haberá mostras específicas de adultos, xuvenil e infantil. 


DIPUTACIÓN DE A CORUÑA

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a Diputación de A Coruña, en colaboración co Concello de A Coruña, organiza "A Festa das Letras Galegas 2014", dirixida a público familiar.
Realizarase nos Xardíns de Méndez Núñez e, en caso de inclemencias metereolóxicas, trasladarase ao Fórum Metropolitano.
A festa consistirá en:
  • Unha sesión de xogos na ludoteca giramundos "A Casa dos Xogos", ás 17.30 horas.
  • Un concerto "A nena e o grilo nun barquiño", de Magín Blanco, ás 19.00 horas.

 

TEATRO COLÓN

Dúas representacións especiais na semana das Letras Galegas:

- DEZ, de Nova Galega de Danza.
 A danza ensáiase contra os espellos. Sobre ese reflexo vaise construíndo un código. Depúrase unha linguaxe que só pode ser humana porque só pode ser interpretada desde o corpo. 
Viernes 16 a las 21:00h.

- FEIRANTES Humor galego a partir de ‘Os Outros Feirantes’ de Álvaro Cunqueiro. Na obra mestúranse dúas épocas, dous momentos diferentes no tempo. O pasado e o presente no que atopamos dous feirantes condenados a viaxar no tempo, a reaparecer en calquera feira para representar o seu repertorio musical e de historias vividas. Provistos dunha gaita e un tambor, os dous van lembrando as súas andanzas. 
Sábado 17 a las 20:30h.


DADÀ KINDERCAFÉ

Este sábado 17 de maio ás 17:30h, celebrarán o Día das Letras Galegas, cun contacontos e un obradoiro de marcapáxinas, ambos gratuitos. Ademáis, sortearán un exemplar do libro "A QUE SABE A LÚA? " entre todos os nenos e nenas asistentes. Entradas por orde de chegada, pero se queres asegurar a túa entrada podes recolléla con antelación en Dadà Kindercafé.
BIBLIOTECA DA DIPUTACIÓN

Xa teñen listo o programa das Letras Galegas 2014, adicado este ano ao poeta Xosé María Díaz Castro 

Haberá actividades para todos:
  • Mostra sobre a vida e obra do autor homenaxeado destas Letras Galegas 2014 Xosé María Díaz Castro na escalinata da Biblioteca.
  • Obradoiro “Dunha imaxe crea o teu propio conto” Aberto para tódolos públicos venres 16 de maio no vestíbulo da biblioteca de 18:00 a 20:00 h.
  • A Biblioteca sae á rúa: promoción da  biblioteca coa  “Biblioteca Móbil". Sacarán a  Biblioteca para dar a coñecer os nosos  servizos e  actividades. Días 16 e 20 de maio ás 18:30.
  • Os usuarios que leven prestado material en galego terán un agasallo
  • Como tódolos anos elaboran unha Guía de Lectura ( tanto Adultos coma Infantil)  do autor homenaxeado.
  • Selección de lecturas recomendadas en galego para nen@s de 3 a 18 anos:

- Selección Lecturas en galego da Bebeteca

- Selección de lecturas en galego da Biblioteca Infantil e Xuvenil

 

CC. LOS ROSALES
Do 12 ao 20 de Maio, por mor do Día das Letras Galegas, o C.C. Los Rosales acollerá unha nova edición do Salón do Libro Galego. Nesta edición, as principais editoriais galegas exporán as súas últimas novidades literarias, ademais de celebrarse actividades culturais paralelas para os rapaces (días 16 - 17 de 18:00 a 20:00), como obradoiros de pintura, xogos didáctivos e sesións de contacontos. Ao longo destas xornadas, as persoas que se acheguen ao complexo comercial poderán visitar os postos de venda de libros pertencentes ao Consorcio Editorial Galego e que se enmarca dentro das actividades vinculadas arredor do Día das Letras Galegas.



CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE (CGAI) 
DÍA DAS LETRAS GALEGAS no CGAI, o Venres 16 ás 20:30h. Proxeción do filme Proxecto Nimbos.





PROXECTO NIMBOS
Dirección, guión e produción: VV.AA. Duración: 40 minutos.
Filme sobre o poeta Xosé María Díaz Castro realizado de acordo coa proposta do colectivo de críticos e programadores Acto de Primavera, baixo estas condicións: “A idea é ben sinxela: propoñémosvos a diversos cineastas que fagades unha peza curta, entre 1 e 5 minutos, asociada a un poema do libro. Non se trata de ilustrar o poema en imaxes, en absoluto, senón de crear unha obra cinematográfica nova que naza da lectura do poema. Cada autor/a que participe escollerá o poema sobre o que quere traballar e a partir de aí, (case) total liberdade. Hai unha única condición, ademais do tempo: desbotamos expresamente o uso íntegro e literal dos poemas do autor, e recomendamos limitar o uso dos textos, se for preciso, a “algúns” versos soltos. (...)”. Máis de trinta directores e directoras responden afirmativamente ao convite, entre eles Xurxo Chirro, Margarita Ledo, Eloy Enciso, Alberto Gracia, Oliver Laxe, David Castro Sopeña, Carlos Álvarez-Ossorio, Diana Toucedo, Juan Lesta, Belén Montero, Xacio Baño, Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas, Jaione Camborda, Víctor Hugo Seoane, Otto Roca, Alfonso Zarauza, José Antonio Cascudo, Ángel Santos, Manuel Fernández-Valdés, Eloy Domínguez Serén, Simone Saibene, Sonia Méndez Alonso, Antón Caeiro, Uxía Blanco, Manuel Álvarez Álvarez, Alex Cancelo, Xoán Escudero, Ramiro Ledo Cordeiro, Pela del Álamo, Manuel del Río, Alberte Pagán e Lois Patiño. Desvelámosvos algunhas das primeiras pezas.
 




LA TUERKA 27 
O sábado 17 de maio na sala LaTuerka 27, para celebrar o Día das Letras Galegas, os protagonistas serán os nenos e xóvenes do público. Por un día podedes sair a escena. A excusa, recitar poesía en galego para festexar o día das Letras galegas ca motivación, o amor pola lectura e polo teatro. Hora: 18.30h. Entrada: 5€. 




































No hay comentarios :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...