07 octubre 2014

Pensado para Vós

As Bibliotecas Municipais forman parte do ciclo de actividades "Pensado para Vós", no que contarán con actividades destinadas a todo tipo de público, como contacontos e espectáculos musicais.


CONTACONTOS
*Paula Carballeira: Contos e historias arrepiantes e sorprendentes da man da escritora.

- Xoves 9 outubro. Contos para austar os medos. Biblioteca Fórum Metropolitano. 18:30 horas.

- Venres 31 outubro. A noite de Lobishome. Biblioteca Infantil e Xuvenil. 21:30 horas ( +13 anos).

*Polo correo do vento: contacontos deste colectivo especializado en actividades pensadas para promover a lectura, a comprensión oral e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística para nenos e nenas.

- Martes 21 outubro. Periplo atlántico. Biblioteca Sagrada Familia. 18:30 horas.
- Mércores 29 outubro. O tesouro do pirata Benito Soto. Biblioteca Monte Alto 18:30 horas.

ACTIVIDADES Y ESPECTÁCULOS MUSICAIS
*"Merenda con Pan de Millo": espectáculo de Migalás Teatro baseado no libro-disco Pan de Millo. Nel combínanse cancións e narración oral co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.
- Sábado 11 outubro. Biblioteca Os Rosales 11:30 h.

- Sábado 25 outubro. Biblioteca Castrillón 11:30 h.

*Brinca Vai!!: baseado no Brinca Vai"! de Paco Nogueiras, un libro para ler, ver e escoitar, onde se recollen 12 cancións para os 12 meses do ano, con distintos estilos musicais: techno, rock, folck, reggae...

- Mércores 15 outubro. Biblioteca Monte Alto, 18:30 horas

- Xoves 16 outubro. Biblioteca Ágora, 18:30 horas

*Canta música!: concerto-taller de canto, música e xogos levado a cabo por Pablo Díaz e Olga Kirk". Con cancións infantís e xogos bailables, ritmos básicos da nosa cultura musical e cancións do Tic-Tac e do Toc-Tac. Para nenos e nenas de 4 a 8 anos

- Mércores 5 de novembro. Biblioteca Ágora, 18:30 horas

Todas as actividades serán con inscrición previa. A inscrición será online, a través dun formulario da páxina web de Bibliotecas Municipais. O prazo de apertura de inscrición abrirase unha semana antes a partir das 10:00h.
As actividades infantís están destinadas a nenos e nenas de máis de 4 anos.
A actividade dirixida ao públuco xuvenil será para maiores de 13 anos.

 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...