12 mayo 2015

Día das Letras Galegas 2015

Día das Letras Galegas

Un ano máis chega o "Día das Letras Galegas", este ano adicado a Xosé Filgueira Valverde, e vos contamos as actividades que terán lugar para celebrar esta data.

 Actividades  programadas

Obradoiro “Xogando coas letras”
Os nenos transformaran as letras con cores, texturas, cintas washi tape, gomets, ...e moita imaxinación! 
Será o 15 de maio entre as 18:00h e as 20:00h. no vestíbulo da Bibloteca Provincial. Entrada libre e de balde.

"Solta de libros"
 A Biblioteca Provincial sairá a rúa o 15 de maio para o préstamo de libros. Ademáis tódolos usuarios que leven materiais en préstamo terán un agasallo da Biblioteca.
Será o 15 de maio entre as 13:00h e as 18:30h. na rúa Riego de Agua.

Día das Letras Galegas
"Festa das Letras Galegas"
O 17 de Maio celébrase nos Xardíns de Méndez  Núñez o día das Letras Galegas.Unha festa organizada pola Diputación Provincial da Coruña e que ten  coma obxectivo potenciar e promover o uso do galego no xogo e no lecer fóra das aulas, entre os máis novos e o público en xeral. Entre as actividades haberá:
- 17.30h: XOGOS DO PAPORRUBIO.
- 19.00h: MAMÁ CABRA, 15 primaveras.
Entrada de balde.

"Festival de Música e Poesía 2015"
 Terá lugar o 13 de Maio ás 20:30h. no Centro Ágora e contará cas actuacións de:
- Colectivo POLO GOSTO DE CANTAR
- Colectivo GOSTO DE CHE LER UN POEMA
- Grupo PARABÉNS, que nos traerá o seu CD "Facendo País".
Entrada de balde ata completar capacidade.





















































No hay comentarios :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...