23 enero 2018

Ciclo VindeCine. O tempo de Martín Codax a través do audiovisual

 

O CGAI súmase ao acompañamento da exposición do pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia co ánimo de ofrecer diversas visións da vida nos tempos do Medievo. 

En colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, o CGAI programa un ciclo de cine que intenta ofrecer diversas visións da vida nos tempos do Medievo. A escolma deste programa, que parte dun documental recente sobre o tema, El manuscrito Vindel, de José Manuel e Luis Fernández-Jardón, resulta moi heteroxénea e pretende ir alén das cantigas de amor de Martín Codax, establecendo relacións con outras obras da literatura medieval.
Ademais, os dez filmes deste ciclo non transitan só polo literario, senón que, tratándose o cine dunha arte visual, procuran tamén paralelismos na pintura. En cuestión de estilos, hai filmes de época que reproducen moi ben esa ambientación medieval, con fontes históricas contrastadas, outros máis lixeiros, de aventuras, e ata unha comedia disparatada. Por tanto, a aposta non é cinguirse de forma estrita ao rigor histórico nin ficar na literatura medieval máis próxima ao manuscrito Vindel, senón tomarmos isto como unha oportunidade para abranguer unha serie de obras destacables coa temática medieval como nexo de unión.
O CGAI quere agradecer a súa colaboración a Linterna Producciones, Museo do Mar de Galicia e Filmoteca Española.


Martes 9 enero
A Walk With Love and Death/ Paseo por el amor y la muerte
Sesiones: 18:00 / 20:30h

Viernes 12 enero
El Manuscrito Vindel
José Manuel e Luis Fernández-Jardón, 2016
Sesión: 18:00h

Martes 16 enero
Lai+ Maestà, la Passion du Christ / Maestà
VV.AA, 2005-2015
101'. Vídeo/DCP. Subt. Castelán
Sesiones: 18:00h / 20:30hMartes 23 enero
The Vikings / Los vikingos
Richard Fleischer, 1958
116'. 35mm. Subt. Castelán
Sesiones: 18:00h / 20:30h

Martes 30 enero
Trudno byt bogom / Qué difícil es ser un Dios
Aleksei German, 2013
177'. DCP. Subt. Castelán
Sesión: 19:30h
 
Martes 6 febrero
Lancelot du Lac
Robert Bresson, 1974
85'. 35mm. Subt. Galego
Sesión: 20:30h

Martes 20 febrero
The Thief of Bagdad / El ladrón de Bagdad
Raoul Walsh, 1924
149'. DCP. Subt. Castelán
Sesión: 19:30h

Martes 27 febrero
Monty Python and the Holy Grail / Los caballeros de la mesa cuadrada y sus locos seguidores
Terry Gilliam, Terry Jones, 1975
91'. 35mm. Subt. Castelán
Sesiones: 18:00h / 20:30h
 
Miércoles 28 febrero
La passion de Jeanne d'Arc / La pasión de Juana de Arco
Carl Theodor Dreyer, 1928
81'. DCP. Subt. CastelánSesiones: 18:00h / 20:30h


No hay comentarios :

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...