O Concello da Coruña pon en marcha a Campaña 'A Coruña en negro contra as violencias machistas' con máis de 200 entidades da cidade "para mostrar a implicación común de todos os axentes contra esta realidade"
A campaña A Coruña en negro contra as violencias machistas é unha iniciativa que se desenvolve do 18 ata o 28 de novembro en 17 concellos de Galicia. "O obxectivo destes 'Concellos en Negro' é concienciar á veciñanza e expandir visiblemente unha imaxe asumible por todas e todos os axentes sociais, e que mostre a implicación común, como non pode ser doutro xeito, en repulsa das violencias machistas.
Estas campañas axudan a que as mulleres que acoden ao CIM ou á Rede de Acollida o fagan cunha actitude moito máis normalizada e non de vergoña, o que supón unha barreira menos tamén para afrontar a súa situación.
A campaña ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía "a través da implicación, nun primeiro momento, do comercio de proximidade que tingue a súa imaxe máis coñecida, os seus escaparates, de negro". Nesta campaña participan 217 entidades locais entre as que se atopan 33 clubs deportivos, como o Real Club Deportivo da Coruña; 140 comercios e asociacións comerciais, incluíndo o Centro Comercial Catro Camiños, e 44 locais de hostalería, ademais de 90 servizos e centros municipais, como son os nove mercados, bibliotecas, centros cívicos, CMIX e espazos como o Fórum Metropolitano, centro Ágora, entre outros.
Ademais desta proposta visual, a programación da campaña inclúe actividades en centros cívicos así como nos centros educativos a través de representacións teatral coa obra "Vestido de voda".
FEIRA DE PROXECTOS DE VIDA FEMINISTAS
O grupo Experiencias Feministas da Pardo Bazán organiza esta feira, que terá lugar o sábado 26 de novembro das 10:00 ás 22:00 no Mercado de San Agustín da Coruña, e contará coa colaboración da Diputación de A Coruña, Área da muller, a Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello de A Coruña e o amadrinamento da Casa Museo Emilia Pardo Bazán.
Os principais obxectivos desta iniciativa son:
➤ Dar a coñecer os proxectos profesionais e de vida pensados desde unha perspectiva de xénero
➤ Xerar un foro feminista para divulgar propostas e compartir experiencias, é dicir, facer networking feminista.
➤ Coñecer a outras persoas traballando desde os feminismos para crear sinerxias, visibilizarnos e idear estratexias para mellorar as nosas condicións laborais, sociais e emocionais; para non estar sempre soas.
➤ Poñer en valor experiencias profesionais e vitais.
PROGRAMA
11:00 Apertura de portas
11:00-14:00 Obradoiro para crianzas
11:00-11:30 Obradoiro: Roteiro O espazo público é das mulleres. FFOTOEDUCA
11:30-12:15 Obradoiro: Speed Networking en Femenino. [NO IMPORTA]
12:15-13:00 Obradoiro: Ciberactivismo e xuventude. QUEERAVENGERS
13:00-14:00 Sesión vermú: pinchada ELECTROQUEER
14:00-16:00 Peche ao público
16:00 Reapertura
16:00-20:00 Obradoiro para crianzas
16:00-16:45 Obradoiro: Plan de Parto. FEMLEGAL
16:45-17:30 Obradoiro: Visita guiada polo mercado de San Agustín en clave de xénero. OFFMUSEUM
17:30-18:15 Obradoiro: Respiración Consciente. ROSA CILLERO
18:15-19:00 Obradoiro: Xenitarte. SEXOLOGÍA ATLÁNTICA
19:00-19:45 Obradoiro: Educando en Igualdade á Xuventude. LARA FUENTES ENJAMIO
20:00 Peche das actividades en sesión contínua
20:00-21:00 Actuación musical: FEMENINOPLURAL
21:00-22:00 Micro Aberto Feminista: trae teu talento e instrumento!
ACTIVIDADES EN SESIÓN CONTÍNUA
- Exposición de proxectos feministas
- Espazo literario
- Galería de Arte (planta baixa)
- Participa na creación do Mural Interactivo “EU SON” con TALLERDEPOLO (planta baixa)
- Proxección de audiovisuais (planta baixa)
- Espazo de crianzas para expositoras
- Bar e petiscos 11:00-22:00 a cargo de LEIRALONGA
ESPAZO LITERARIO
Estarán asinando as súas obras:
- 12.00h Eli Rios: Marta e a píntega. CONTA-CONTOS INFANTIL
- 12.30h Mercedes Leobalde: Funambulistas
- 13.00h Dores Tembrás: Auga a través
- 13.30h Rebeca Baceiredo: O canto da Sibila
- 17.00h Andrea Barreira (Non hai luz sen escuridade) e Vanesa Santiago (Ninguén Lembra). “Obradoiro para a bruxa moderna”
- 17.30h Emma Pedreira: Corazón e demais tripas
- 18.00h Beatriz Maceda: O álbum de Garrincha. CONTA-CONTOS INFANTIL
- 18.30h María Reimondez: A dúbida
- 19.00h María Canosa: Cando cae a luz
- 19.30h Charo Pita: Oxalá estiveses aquí .CONTA-CONTOS INFANTIL
Organiza Livraria Suevia
No hay comentarios :
Publicar un comentario